25 nov 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO, DÍA PARA REFLEXIONAR
Aquí deixávosvos unha escolma de Xogos e Xoguetes


Guia Xogos E Xoguetes para a igualdade

19 jun 2018

OBRADOIRO STOP-MOTION

Os nenos de 1º e 2º foron productores audiovisuais durante este curso. Remataron a súa producción cun pase final no salón de usos múltiples presentando a:
 "Rasi, a trapecista"


PARA SABER MÁIS. PREME AQUÍ

31 may 2018

PROXECTO "FARO DA ESCOLA"

Este curso quixemos probar a experiencia de participar nun proxecto que nos chegou do xornal Faro de Vigo. O Proxecto consistiu en elaborar un xornal do noso colexio, e dende o EDLG propuxemos facelo integramente en galego, para seguir promovendo e mellorando a linguaxe escrita nesta lingua.


27 may 2018

EU CONTO, TI XOGAS...

Ao longo da semana do 21 ao 24 de maio, traballamos todos os alumn@s do colexio nunha serie de xogos que nos descubriron a vida e obra de Mª Victoria Moreno Os xogos estaban adaptados  a cada idade e con diferentes grados de dificultade



Ao final desta semana houbo sorpresas e agasallos. Os alumnos foron premiados pola súa participación activa nos xogos das Letras Galegas, así coma no concurso "Decora a túa bolsa"

20 may 2018

LETRAS GALEGAS

Aquí deixamos recursos para traballar na 
Semana das Letras Galegas

     
           

                       


                    

17 may 2018

PARTICIPACIÓN EN ARTELIXO

"A TÚA BOLSA GALEGA"

De novo, dende o EDLG, pídese a colobaración dos alumnos. 
Deben crear con debuxos e palabras significativas da nosa lingua a mellor bolsa.

CONCURSO DECORA A TÚA BOLSA GALEGA

2 feb 2018

CONCURSO DE CARTEIS PARA O ENTROIDO


Os alumnos de Primaria e Infantil participaron no concurso de carteis proposto polo EDLG coa fin de ser os elexidos para anunciar a espectacular función de Circo coa que irmos celebrar o Entroido.

TODOS OS CARTEIS SON ESPECTACULARES.
 NORABOA AOS ARTISTAS!
Elexironse 3 carteis



7 ene 2018

NADAL 2017

O día 21 de decembro celebramos o festival de Nadal con panxoliñas preparadas pola profe. Maribel na clase de Música.