Este é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Porto Cabeiro. Podes ver os nosos traballos, as nosas celebracións e un montón de cousas máis.
2 nov 2022
CONCURSO DE CARTEIS , SAMAGOSTÍN
Os alumnos de 1º,2º, e 3º crearon un cartel por curso na clase de Arts para publicitar a nosa festa.
Despois de deliberar o Equipo de Dinamización decidiu dar como gañador o cartel de 2º curso.
29 jun 2022
Revista Escolar 21-22
24 may 2022
Inauguración do novo Recuncho da Nosa Fala
Neste recuncho, adicámoslle un espazo especial á exposición dos Carteis Gañadores do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2021, adicado a Xela Arias, no que o noso cole foi premiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
17 may 2022
Letras Galegas 2022: Florencio Delgado
Este ano polo Día das Letras Galegas adicado ao poeta Florencio Delgado Gurriarán, o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, fixeron uns carteis conmemorativos.
Os alumnos de 2º de primaria recitaron o poema "Resposta a Rosalía" do autor homenaxeado ao alumnado de 5º de primaria.
Ademais traballaron a súa obra empregando os escornabots.
Aproveitando o bo tempo, o alumnado de 1º recitou unha poesía de Florencio Delgado Gurriarán aos seus compañeir@s de 2º e 3º de primaria no patio do colexio. Foi xenial facelo ao aire libre.
4 mar 2022
ENTROIDO 2022
Este curso disfrazámonos de animais xa que colaboramos co Proxecto da Biblioteca titulado "Animaladas".
Para festexar este día o noso alumnado desfilou pola contorna do colexio para amosar ás familias, que este ano nos puideron acompañar, os disfraces elaborados en cada unha das aulas.
Houbo todo tipo de animais: cabritiños, camaleóns, arañas, bolboretas, abellas, aves exóticas, medusas, animais mariños, animais mitolóxicos e ras.
22 feb 2022
11 nov 2021
Magosto 2021
Magosto 2021: Xogos tradicionais
Xogo da Rá
Lanza a Castaña
Xogo do Pío Pío
Xogo do Trompo
O día do Magosto, ademais de comer castañas, cada curso fixo varios xogos tradicionais e populares.Pasámolo xenial!
5 nov 2021
4 nov 2021
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO
APRENDE CON ESTA MINISERIE AUDIOVISUAL
2 nov 2021
26 oct 2021
19 may 2020
4 may 2020
OS MAIOS VIRTUAIS
ESTE CURSO CELEBRAMOS OS MAIOS DENDE A CASA
Noraboa a todas as familias pola creatividade e imaxinación na elaboración das coplas e maios.
Para coñecer as coplas, preme aqui













