24 may 2022

Inauguración do novo Recuncho da Nosa Fala

O noso Recuncho da Nosa Fala, cheo de recursos, materiais e traballos recollidos ao longo de moitos cursos, necesitaba un cambio, polo que este curso decidimos remodelar por completo este espazo con novo mobiliario, nova decoración e ofrecendo un espazo útil para que o alumnad@, profesorado ou  mesmo as familias poidan consultar , ler e usar nas súas aulas.

Neste recuncho,  adicámoslle un espazo especial á exposición dos Carteis Gañadores do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2021, adicado a Xela Arias,  no que o noso cole foi premiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

17 may 2022

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado

 

 

Este ano polo Día das Letras Galegas adicado ao poeta Florencio Delgado Gurriarán,  o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, fixeron uns carteis conmemorativos.

 


Os alumnos de 2º de primaria recitaron o poema "Resposta a Rosalía" do autor homenaxeado  ao alumnado de 5º de primaria.





Ademais traballaron a súa obra empregando os escornabots.



O alumnado de 5º de primaria preparou unha poesía para contarlles ao máis peques do cole. Grazas pola vosa visita!


Aproveitando o bo tempo, o alumnado de 1º recitou unha poesía de 
Florencio Delgado Gurriarán aos seus compañeir@s de 2º e 3º de primaria no patio do colexio. Foi xenial facelo ao aire libre.