2 nov 2022

EXPOSICIÓN DE CABAZAS " O PASO DO TEMPO"

 

CONCURSO DE CARTEIS , SAMAGOSTÍN

 Os alumnos de 1º,2º, e 3º crearon un cartel por curso na clase de Arts para publicitar a nosa festa.

Despois de deliberar o Equipo de Dinamización decidiu dar como gañador o cartel de 2º curso.



(2) CONCURSO DE CARTEIS, SAMAGOSTÍN - YouTube

29 jun 2022

Revista Escolar 21-22

 



Este curso fixemos un montón de actividades e festexamos diversas celebracións. Algunhas delas están plasmadas na nosa revista escolar, que cada ano elaboramos con moito agarimo para toda a Comunidade Educativa.
PREMA NO SEGUINTE ENLACE: 

24 may 2022

Inauguración do novo Recuncho da Nosa Fala

O noso Recuncho da Nosa Fala, cheo de recursos, materiais e traballos recollidos ao longo de moitos cursos, necesitaba un cambio, polo que este curso decidimos remodelar por completo este espazo con novo mobiliario, nova decoración e ofrecendo un espazo útil para que o alumnad@, profesorado ou  mesmo as familias poidan consultar , ler e usar nas súas aulas.

Neste recuncho,  adicámoslle un espazo especial á exposición dos Carteis Gañadores do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2021, adicado a Xela Arias,  no que o noso cole foi premiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

17 may 2022

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado

 

 

Este ano polo Día das Letras Galegas adicado ao poeta Florencio Delgado Gurriarán,  o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, fixeron uns carteis conmemorativos.

 


Os alumnos de 2º de primaria recitaron o poema "Resposta a Rosalía" do autor homenaxeado  ao alumnado de 5º de primaria.





Ademais traballaron a súa obra empregando os escornabots.



O alumnado de 5º de primaria preparou unha poesía para contarlles ao máis peques do cole. Grazas pola vosa visita!


Aproveitando o bo tempo, o alumnado de 1º recitou unha poesía de 
Florencio Delgado Gurriarán aos seus compañeir@s de 2º e 3º de primaria no patio do colexio. Foi xenial facelo ao aire libre.

4 mar 2022

ENTROIDO 2022

Este curso disfrazámonos de animais xa que colaboramos co Proxecto da Biblioteca titulado "Animaladas".  

Para festexar este día o noso alumnado desfilou pola contorna do colexio para amosar ás familias, que este ano nos puideron acompañar, os disfraces elaborados en cada unha das aulas.

Houbo todo tipo de animais: cabritiños, camaleóns, arañas, bolboretas, abellas, aves exóticas, medusas, animais mariños, animais mitolóxicos e ras.





22 feb 2022