4 mar 2022

ENTROIDO 2022

Este curso disfrazámonos de animais xa que colaboramos co Proxecto da Biblioteca titulado "Animaladas".  

Para festexar este día o noso alumnado desfilou pola contorna do colexio para amosar ás familias, que este ano nos puideron acompañar, os disfraces elaborados en cada unha das aulas.

Houbo todo tipo de animais: cabritiños, camaleóns, arañas, bolboretas, abellas, aves exóticas, medusas, animais mariños, animais mitolóxicos e ras.





No hay comentarios:

Publicar un comentario